Instrucións para exercer o dereito de desistimento

Dereito de desistimento
O dereito de desistimento do contrato é a facultade do usuario de deixar sen efecto o
contrato celebrado.

O usuario ten dereito a desistir deste contrato nun prazo de 14 días sen necesidade de
xustificación se non fixera uso do servizo. Se ao contratar o servizo, o usuario utiliza o
mesmo, perderá o dereito de desistimento automaticamente e non terá dereito a
devolución. O prazo de desistimento expirará aos 14 días dende a celebración do
contrato.

Para exercer o dereito de desistimento, debe informarnos da súa decisión de deixar sen
efectos o contrato mediante unha declaración inequívoca (por exemplo, unha carta
enviada por correo postal ou correo electrónico) dirixida a SERVIZOS URBANOS
MUNICIPAIS DE ARTEIXO S.A., Oficinas en Travesía de Arteixo, 249, 2º, 15142
Arteixo, A Coruña, teléfono +34 638271990, email: biciarteixo@sumarte.gal. Para
cumprir co prazo de desistimento, é suficiente que envíe a súa comunicación relativa ao
seu exercicio do dereito de desistimento antes de que remate o prazo de desistimento.

Efectos do desistimento
Se deixa sen efectos este contrato, reembolsarémoslle todos os pagos recibidos de
vostede, sen indebida demora e, en calquera caso, no prazo de 14 días a partir do día
en que se nos informe sobre a súa decisión de desistir deste contrato. Realizaremos
dito reembolso utilizando os mesmos medios de pago que usou para a transacción
inicial, a menos que acordase expresamente o contrario; en calquera caso, non incorrerá
en ningunha tarifa como resultado de dito reembolso. Se solicitou o reembolso
exercendo o dereito de desistimento despois de realizar un uso ou utilización do servizo,
non terá dereito a reembolso nin desistimento do contrato.

Descargue aquí un modelo de formulario de cancelación.